Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de febrero de 2024

lunes, 8 de marzo de 2021

TOCA EL TAMBOR

 No entroido....tocamos o tambor!!!

No final do vídeo poderedes escoitar o ritmo dos tambores que tanto practicaron estes nenos e nenas para a festa de Entroido!!



domingo, 14 de junio de 2020

DESPEDIDA MÚSICA

E chega a última semana dun curso moi peculiar. Comezamos o curso investigando sobre as nosas casas e o noso folclore e tras unha pequena viaxe por tres continentes rematamos outra vez aprendendo desde a nosas casas.

Esperando que chegue setembro e poder volver a cantar e bailar desde as aulas, deixamos aquí un video recollendo algún dos momentos das sesións de música!

DISFRUTADE DO VERÁN, CANTADE E BAILADE (e probade os sons dalgún instrumento novos)!





E se tedes ganas de recordar algúnha da actividades non dubidedes en disfrutar dos grandes éxitos deste curso: Viaxa en barrionovo, Encontxos, musicais, o entroido,  Feminist Baby, We will Rock home, concertos na BiblioBN, o atellier sonoro, Ani Kuni ou 10 little indians!

 
VIAXA EN BARRIONOVO from biblio BN on Vimeo.
Feminist Baby from biblio BN on Vimeo.

ANI KUNI from biblio BN on Vimeo.

viernes, 5 de junio de 2020

Música na casa

Aria e a súa familia enviannos este agasaio tan fermoso!
Máis aló de facer percusión cun vaso, ela atrevese cun instrumento de verdade, nada máis e nada menos que o úrgano, e a dúo co seu pai.
Moitas grazas por desfrutar e aprender coa música!



miércoles, 3 de junio de 2020

Tocamos con vasos: CUPS Completa

Imos coa segunda parte do ritmo cos vasos. Para poder ir avanzando pouco a pouco, propoñemos tres niveis distintos. 

Aí van!

FÁCIL





INTERMEDIO




VERSIÓN ORIXINAL


miércoles, 27 de mayo de 2020

Tocamos con vasos

Imos aprender pouco a pouco esta cantiga tan rítmica e na que ademais de precisar coordinar o noso corpo, tamén temos que coordinarnos co compañeiro/a.

   


 Aquí a primeira parte. Empezamos de menos a mais, sen présas, según vaiamos practicando vainos ir saíndo cada vez máis rápido. Parade o vídeo e volvede empezar tantas veces como o precisedes! A semana que vén aprendemos un pouco máis.

 
Ritmos con vasos. Parte 1 from biblio BN on Vimeo.

miércoles, 20 de mayo de 2020

Música na casa e xogo de mans.

Acordádesvos do noso éxito do confinamento? Pois mirade esta proposta do grupo Pim Pau: unha bateria feita con utensilios de cociña!







Ademais hoxe, outra proposta para coordinar corpo e música!!!


jueves, 7 de mayo de 2020

Clap, clap song!

Rescatamos este xogo-baile que fixemos na festa coas familias polo Nadal: a canción das palmas, para contaxiar a alegría de compartir aquel día en familia!

Ademais de facer coincidir as palmas coa música , podemos ir dando ordenes de movemento: arriba, abaixo, esquedar dereita, cos pés, sobre o peito, sobre as coxas...

miércoles, 6 de mayo de 2020

Segue o ritmo!

Proposta para interiorizar os ritmos musicais a través da coordinación do corpo. 


Un xogo de movemento a través da musica no que a medición dos tempos é moi importante!


Ritmos. Alunelul. Danza popular Balcánica from biblio BN on Vimeo.

miércoles, 22 de abril de 2020

ANI KUNI. Música e movemento

O noso proxecto anual, #MESTURARTE, achéganos dun xeito globalizado ás culturas e características máis relevantes dos lugares que visitamos.

As danzas e a música son rasgos moi representativos da cultura de cada un dos lugares do mundo, e moitas veces sinais de identidade moi aferradas ás súas tradicións.


Seguro que se oímos  os sons dos tambores mentres danzamos ao redor do lume, sáenos facer un cántico indio.  Pois esa é a parada de hoxe da caravana da música, da man de Clave de Sol e Clave de Fa, xunto co seu amigo Monkey. 

Nesta proposta ademáis de coñecer datos sobre os indios americanos, propoñemos unha cantiga popular coa que poñeremos en práctica a coordinación do corpo, os ritmos e a música.

Todo isto dende un punto de vista plurilingüe xa que esta canción confeccionámola en tres linguas: castelán, inglés e en lingua Iriquois dos nativos americanos.



ANI KUNI from biblio BN on Vimeo.

jueves, 19 de marzo de 2020

Música & Psico Greatest Hits

Deixámosvos os Greatest Hits de Barrionovo, cancións con baile que xa temos practicado en música ou pisco para que movades o esquelete en familia:

Clica para acceder:

1. Borboletinha


2. Epo e ta e ta


3. Canção, brincadeira, leitura 


4. Eram sam sam


5. A miña amiga Dolores



6. Bugui-bugui



7. Paquete tu me tata


8. Bonfire Dance



9. A castaña viaxeira 


10. Wallflowers



11. Don Melitón


12. Mi barba tiene tres pelos