miércoles, 22 de abril de 2020

ANI KUNI. Música e movemento

O noso proxecto anual, #MESTURARTE, achéganos dun xeito globalizado ás culturas e características máis relevantes dos lugares que visitamos.

As danzas e a música son rasgos moi representativos da cultura de cada un dos lugares do mundo, e moitas veces sinais de identidade moi aferradas ás súas tradicións.


Seguro que se oímos  os sons dos tambores mentres danzamos ao redor do lume, sáenos facer un cántico indio.  Pois esa é a parada de hoxe da caravana da música, da man de Clave de Sol e Clave de Fa, xunto co seu amigo Monkey. 

Nesta proposta ademáis de coñecer datos sobre os indios americanos, propoñemos unha cantiga popular coa que poñeremos en práctica a coordinación do corpo, os ritmos e a música.

Todo isto dende un punto de vista plurilingüe xa que esta canción confeccionámola en tres linguas: castelán, inglés e en lingua Iriquois dos nativos americanos.



ANI KUNI from biblio BN on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario