Esta semana deixámosvos novamente unha proposta para desenvolver a coordinación óculo-manual.
Para que a podades facer en todas as casas dámosvos múltiples opcións que podedes adaptar aos recursos dos que dispoñades.
Coordinación óculo-manual II from biblio BN on Vimeo.
martes, 28 de abril de 2020
miércoles, 22 de abril de 2020
ANI KUNI. Música e movemento
O noso proxecto anual, #MESTURARTE, achéganos dun xeito globalizado ás culturas e características máis relevantes dos lugares que visitamos.
As danzas e a música son rasgos moi representativos da cultura de cada un dos lugares do mundo, e moitas veces sinais de identidade moi aferradas ás súas tradicións.
Seguro que se oímos os sons dos tambores mentres danzamos ao redor do lume, sáenos facer un cántico indio. Pois esa é a parada de hoxe da caravana da música, da man de Clave de Sol e Clave de Fa, xunto co seu amigo Monkey.
Nesta proposta ademáis de coñecer datos sobre os indios americanos, propoñemos unha cantiga popular coa que poñeremos en práctica a coordinación do corpo, os ritmos e a música.
Todo isto dende un punto de vista plurilingüe xa que esta canción confeccionámola en tres linguas: castelán, inglés e en lingua Iriquois dos nativos americanos.
Todo isto dende un punto de vista plurilingüe xa que esta canción confeccionámola en tres linguas: castelán, inglés e en lingua Iriquois dos nativos americanos.
martes, 21 de abril de 2020
19/ABRIL OU 3/XUÑO? O DÍA DA BICI SON TODOS OS DÍAS
Tradicionalmente celébrase o 19 de abril como día da bici. Recentemente a ONU trasladou a celebración para o 3 de xuño. Nós temos moi claro que o día da bici son todos os días e por iso deixámosvos esta proposta para que podades seguir a disfrutala na casiña.
Día da bici from biblio BN on Vimeo.
Dentro do mundo da bicicleta hai quen a emprega non só para desprazarse nela, senon para divertirse brincando e facendo piruetas. O escocés Danny MacAskill é un profesional dunha disciplina chamada Street Trial. Podedes admirar a súa pericia neste apaixoante vídeo.
Ademais, o noso amigo Dani, monitor dunha escola de Trial na Coruña, prometeu que virá facer unha demostración deste deporte cando podamos voltar á escola. Deixámosvos un adianto neste vídeo seu.
E xa sabedes, para estar sans debedes facer algo de exercicio cada día!

miércoles, 15 de abril de 2020
OCA PSICOMOTRIZ
Como sabemos que vos encantan os contos motrices que vos contamos cando estamos na escola, nos que vos tedes que mover sorteando diferentes obstáculos para chegar a un obxectivo, elaboramos esta oca con probas para que realicedes na casa en compañía da vosa familia.
miércoles, 1 de abril de 2020
XOGO DA MIÑOCA
Co fin de que fagades deporte na casiña e o pasedes ben coa vosa familia, preparámosvos este divertido xogo da miñoca. Agardamos que vos guste!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)